Música

Volver Páxina Principal

Consello Galego de Museos

 
 
Arquivo de son de Galicia
M Ú S I C A   E   C A N T I G A S

Principal | Sons | Música | Lingua | Proxecto


Galicia, como país de raíces célticas e atlánticas, ten como instrumento nacional a gaita galega. Os grupos de gaiteiros tradicionais teñen poucos compoñentes, como correspondía a un sistema de lecer baseado en moitas festas pequenas e de curto percorrido. Con todo, na actualidade tamén existen grandes bandas de gaiteiros pola comunicación e influencias que sobre o folclore galego exercen as formas de organización doutros países atlánticos.
Foto Gaiteiro O pandeiro é o segundo instrumento en importancia dentro da nosa tradición, con el acompañábanse as cantigas tradicionais.
Sen embargo a música culta en galego tamén ten raíces antiquísimas. As Cantigas de Santa María, compostas polo Rei Afonso X o Sabio, están entre as máis elaboradas composicións das cortes europeas do século XIII.
Actualmente conviven entre nós, xunto coa música de tradición popular, grupos de música culta ­a Real Filharmonía de Galicia ou a Real Orquestra de Galicia­, celta ­Carlos Núñez ou Milladoiro­, pop­rock ­Los Suaves ou Os Heredeiros da Crus­ ou lixeira como Ana Kiro, Sabela ou Pili Pampín.

Principal | Sons | Música | Lingua | Proxecto


Se vostede ten algúns materiais que puidesen ser do noso interese e quere colaborar connosco, ou ten algunha suxestión que facernos, por favor diríxase ó:
Arquivo Sonoro de Galicia
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi 2º andar
Praza do Obradoiro
15750 Santiago de Compostela
asonoeo@consellodacultura.org

© Consello da Cultura Galega, 1999.