SONS

Volver Páxina Principal

Consello da Cultura Galega

 
 
Arquivo de son de Galicia
O   N O S O   P R O X E C T O   M e m o r i a   d a s   N o s a s   A c t i v i d a d e s

 
Principal | Sons | Música | Lingua | Proxecto
Edicions | Colaboradores | Memoria

 
O Arquivo Sonoro de Galicia é un proxecto que nace ó abeiro do Consello da Cultura Galega para tratar de impulsar o rescate dos materiais sonoros do noso pasado cultural, difundir a súa importancia e espertar a conciencia da necesidade da salvagarda deste tipo específico de materiais do noso patrimonio. Tentamos promover este interese mediante un traballo de colaboracións amplamente abertas na idea de contribuír, na medida das nosas posibilidades, á formación da Fonoteca de Conservación que, pensamos, precisa o noso país.
Se nos arquivos tradicionais se custodian documentos históricos, nos museos obxectos arqueolóxicos e artísticos e nas bibliotecas libros, as novas categorías de documentación nacidas no último século (imaxe -foto, cine, vídeo-, son -gravacións en diversos soportes editadas e inéditas- e, recentemente, os soportes informáticos) buscan topar un oco definitivo no panorama da conservación dos bens culturais.
Gracias á grande seducción exercida pola imaxe no mundo occidental, existen Filmotecas Nacionais establemente organizadas en todos os países. En Galicia o Centro Galego das Artes da Imaxe -co que temos colaborado no rescate dalgúns materiais- está a cumprir esa función. O mundo da informática ten unha especificidade clara e centra o interese dos especialistas en arquivística e documentación nos últimos anos, nos que, sen embargo, a evolución acelerada dos medios estalles impedindo unha fixación definitiva de criterios.
Pero o mundo da documentación sonora -sen dúbida o "parente pobre"- non ten aínda un tratamento tan homoxéneo como a imaxe. En xeral, os materiais editados consérvanse, de acordo coas leis de Depósito Legal, en seccións -fonotecas- das Bibliotecas Nacionais. Pola súa banda, as emisoras de radio -sobre todo RNE en España polo seu carácter de pública- conservan importantísima documentación sonora. Notables coleccións de gravacións existen tamén entre os xornalistas -moitos gardan as entrevistas que fan-, antropólogos, lingüistas, historiadores, agrupacións culturais e folclóricas, institucións culturais, etc., pero en xeral dispersos e en distintos estados de conservación.
En Europa existen envexables exemplos de confluencia de esforzos e intereses, como o National Sound Archive que, dependente organicamente da British Library, acolle desde un principio materiais históricos tamén da BBC e serviu de catalizador no interese e organización desa documentación en Gran Bretaña. Agora conta con seccións que van desde o Teatro Gravado á Historia Oral ou ós sons da natureza e industriais, pasando polos clásicos de música, voces históricas, etc. É, sen dúbida, un punto de referencia importantísimo para o noso proxecto.
 
Máis Información

ObxectivosAdiante Obxectivos
Cales son os obxectivos xerais do noso traballo. 
ProcedementosAdiante Procedementos
Cales son os procedementos específicos que o ASG tratou de establecer dende o inicio. 
LiñasAdiante Liñas
Que liñas de traballo foron desenvolvidas durante a existencia do ASG.
 
 

 
Principal | Sons | Música | Lingua | Proxecto
Edicions | Colaboradores | Memoria
Se vostede ten algúns materiais que puidesen ser do noso interese e quere colaborar connosco, ou ten algunha suxestión que facernos, por favor diríxase ó:
Arquivo Sonoro de Galicia
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi 2º andar
Praza do Obradoiro
15750 Santiago de Compostela
asonoro@consellodacultura.org

© Consello da Cultura Galega, 1999.