Lingua 

Volver Páxina Principal 
 
Consello Galego de Museos

   
Arquivo de son de Galicia
A   L I N G U A   A   L I T E R A T U R A
Principal | Sons | Música | Lingua | Proxecto
 
 
O galego é unha lingua románica do grupo das ibéricas occidentais, falado por máis de dous millóns de persoas en Galicia e nas franxas limítrofes das provincias de Asturias, Zamora e León.
Cantiga
O noso idioma -no dicir dos clásicos fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués- tivo unha brillante historia medieval, cunha literatura lírica entre as primeiras de Europa, na que as Cantigas de Amigo, de Amor e de Escarnio e maldicir formaron os xéneros principais. A nosa literatura medieval adoita chamarse galego-portuguesa porque pertence a unha etapa (s. XI-XIV) na que aínda non se producira diferenciación facilmente apreciable entre as dúas linguas.
 
Rosalia de Castro Coa consolidación do Estado Moderno a finais do século XV, o papel do galego diminuíu como lingua de poder e foi quedando relegado ás comunicacións sociais informais ou familiares, entrementres que o portugués, lingua nova dun estado nacente, había de desenvolver o seu propio camiño na historia. 
No século XIX, e inmersos nesa onda romántica que percorre Europa volvendo a ollada ás realidades medievais e populares representada polo Romanticismo, comeza a recuperación literaria e social do galego nun movemento chamado Rexurdimento. Sen dúbida, o poeta máximo que capta a traxedia espiritual dun país abafado polo problema da emigración é Rosalía de Castro. 

     Hoxe o galego segue a ser a lingua de instalación habitual da maioría da poboación do noso país, chegando a esferas inéditas na súa historia: escola, televisión, radios, xornais, política... e mesmo ós presentes dominios informáticos. A recuperación, iniciada polos chamados "galeguistas" -amadores da cultura do país-, intensifícase desde que a principios dos oitenta é asumida como lingua propia das nacentes institucións políticas galegas. Xunta -goberno autónomo-, Parlamento, etc. Fíxase progresivamente un estándar culto (voz Queca Merino) sobre unha lingua popular ás veces tinguida dalgunhas influencias da lingua castelá. Mesmo os ilustres viaxeiros que nos visitan, como o Rei Xoán Carlos I ou o Papa Xoán Paulo I, teñen a ben renderlle homenaxe á identidade da Terra usando a lingua propia do país. 
Principal | Sons | Música | Lingua | Proxecto
 
 
Se vostede ten algúns materiais que puidesen ser do noso interese e quere colaborar connosco, ou ten algunha suxestión que facernos, por favor diríxase ó:
Arquivo Sonoro de Galicia 
Consello da Cultura Galega 
Pazo de Raxoi 2º andar 
Praza do Obradoiro 
15750 Santiago de Compostela 
asonoro@consellodacultura.org
© Consello da Cultura Galega, 1999.