SONS

Volver Páxina Principal

Consello da Cultura Galega

 
 
Arquivo de son de Galicia
O   N O S O   P R O X E C T O   E d i c i ó n s

 
Principal | Sons | Música | Lingua | Proxecto
Edicions | Colaboradores | Memoria
Pareceunos interesante proceder á edición de materiais de importancia especial, tanto por difundir as posibilidades do noso traballo como para achegar ó mundo interesado -especialmente ó do ensino e investigación- documentos inéditos. Ademais, era unha vía de integración e servicio a Fundacións, departamentos da administración, xornais, etc. que posibilitaba o recoñecemento do interese nun proxecto como o noso.
Editamos tanto CDs como casetes. O primeiro sistema reservámolo para aqueles documentos que se axeiten pola súa temática e organización interna. O noso primeiro CD, Sons da Terra, incluíu 52 sons que precisaban unha alta calidade. Sen embargo, preferimos normalmente o soporte en casete por varias razóns: a calidade de son abonda para a palabra - que é o groso das nosas edicións -, existe unha maior facilidade de escoita nas aulas e nos desprazamentos en coche e, ademais, é moito máis económico: pódense difundir tres orixinais no canto dun.
 
CD, Sons da Terra
Levamos editado en total vintecinco casetes, cunha tiraxe mínima de mil exemplares e máxima de cinco mil. En total, situamos en mans dos interesados unhas cincuenta mil unidades. En síntese son: 
Dous estoxos:
  1. Centenario do Museo Arqueolóxico de Ourense -4 casetes con conferencias de Otero Pedrayo, Ferro Couselo, Taboada Chivite e Xoaquín Lorenzo-, en colaboración coa Consellería de Cultura e o Museo de Ourense.

  2.  
  3. A Nosa Fala: bloques e áreas lingüísticas do galego -3 casetes con textos etnolingüísticos-, en colaboración co Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago.
Otero Pedrayo Catorce casetes da colección As Nosas Voces:
 
  1. Eduardo Blanco Amor en América. (Día das Letras Galegas 1992).
  2. Ramón Otero Pedrayo en América I.
  3. Ramón Piñeiro, "A lingoaxe i as língoas", Ingreso na Real Academia Galega.
  4. Ramón Súarez Picallo e Ramón Otero Pedrayo en América II.
  5. Homenaxe a Manuel Meilán.
  6. Homenaxe a Rafael Dieste. (Día das Letras Galegas 1994).
  7. Eduardo Blanco Amor: "Los poemas gallegos de Lorca". 1ª edición en casete; 2ª edición con libriño de transcrición con motivo do Centenario do autor (1997). Tiraxes especiais para a Delegación da Consellería de Cultura e Comunicación Social de Ourense e para a Deputación Provincial de Ourense.
  8. Xesús Ferro Couselo: "Orixe e formación da cidade de Ourense" (Día das Letras Galegas 1996) (tiraxe especial para o Concello de Ourense distribuída co xornal La Región o Día das Letras Galegas).
  9. Ramón Otero Pedrayo: "Cabanillas".
  10. Álvaro Cunqueiro: "A realidade histórica de Galicia".
  11. Celso Emilio Ferreiro: entrevista.
  12. Homenaxe a Filgueira Valverde: entrevista (Homenaxe no seu pasamento)
  13. Homenaxe a Ánxel Fole (Día das Letras Galegas 1997).Edición sonora e transcrición.
  14. Ramón Otero Pedrayo, "Lembranzas de médicos galegos" (edicións especiais para a Fundación Otero Pedrayo e para o Colexio Médico de Ourense, en soporte sonoro e con libriño anexo de transcrición).
e mais 4 de homenaxes sen numerar:
  1. Francisco Fernández del Riego: El Padre Sarmiento (Congreso do Tricentenario do Padre Sarmiento)
  2. Homenaxe de Galicia a Ramón Otero Pedrayo
  3. Don José Mosquera e D. Ramón Otero Pedrayo (en colaboración co Padroado Rosalía de Castro).
  4. Ramón Otero Pedrayo: "A revista Nós" (en colaboración coa Fundación Otero Pedrayo, con motivo do centenario de Ánxel Casal; distribuída co xornal O Correo Galego o 17 de decembro de 1995).

 
Álvaro Cunqueiro
Celso Emilio Ferreiro
Filgueria Valverde
Anxel Fole
Principal | Sons | Música | Lingua | Proxecto
Edicions | Colaboradores | Memoria
Se vostede ten algúns materiais que puidesen ser do noso interese e quere colaborar connosco, ou ten algunha suxestión que facernos, por favor diríxase ó:
Arquivo Sonoro de Galicia
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi 2º andar
Praza do Obradoiro
15750 Santiago de Compostela
asonoro@consellodacultura.org

© Consello da Cultura Galega, 1999.