INICIO BOLETÍNS MEDIATECA DIRECTORIO  
 

asonoro@consellodacultura.org
Tel: +34 981 957202 / Fax: +34 981 957205


 

Inicio
------------
Nós
Obxectivos
Membros
Publicacións

------------
Podcast
------------
Fondos
Editados
Inéditos
D. Schubarth

------------
Contacto
Consultas
Doazóns
Suxestións
Enderezo


Está en: Doazóns

DOAZÓNS

Fundamental é destacar a xenerosidade cara ao Arquivo Sonoro de Galicia de numerosos particulares, institucións e discográficas que ceden gravacións sonoras que permiten unha constante ampliación e complementariedade dos nosos fondos documentais.





 

Encomiable é que os particulares e as institucións mostren esta sensibilidade e este sentir histórico e que se anticipen a rexistrar as palabras -en moitos casos se convirten en acontecementos- que axudan a reconstruir e entender o noso país e a nosa cultura. Salientable é a xenerosidade das compañías discográficas que ven no noso proxecto a futura Fonoteca de Conservación de Galicia.

O Arquivo Sonoro de Galicia congratúlase desta feliz iniciativa e fai unha chamada xeral a calquera grupo, particular, institución que desexe contribuír a este labor de recuperación -e mesmo de creación- do patrimonio sonoro galego.

As condicións de cesión acomódanse ás pretensións do doador (material de consulta restrinxida, material de acceso libre,…). Hai que destacar que sempre se dá un proceso de dixitalización que permite unha conservación axeitada e un mellor almacenamento das gravacións e unha catalogación posterior para a súa consulta.

Consulte a lista de doadores

 

 
  Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro / 15705 Santiago de Compostela / A Coruña
Tel: +34 981957202 / Fax: +34 981 957205
 

  Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar / 15705 Santiago de Compostela
T: +34 957202 / F: +34 981 957205
Aviso Legal