O Arquivo Sonoro de Galicia facilita a difusión
dos seus fondos sonoros a través da edición dalgunhas
das gravacións que considera de maior interese patrimonial
e histórico. Este traballo conta, en ocasións, coa
colaboración de institucións e medios xornalísticos.
COLECCIÓN AS NOSAS VOCES:
Publicáronse, polo de agora, voces de persoeiros fundamentais
da cultura galega que desenvolveron un labor fundamental para a
transmisión e a permanencia dos nosos valores culturais en
Galicia e na emigración.
A sensibilidade artística de Rafael Dieste, a brillantísima
oratoria de Ramón Otero Pedrayo, a morriña apaixoada
dende o exilio arxentino de Ramón Suárez Picallo,
o ourensanismo de X. Ferro Couselo, a emotividade literaria de Eduardo
Blanco Amor son algunhas mostras desta colección. Complétase
coa publicación, nos anos en que se dispón, das voces
dos persoeiros aos que se lles dedica o Día das Letras Galegas.
AUDIO DE MOSTRA
Ramón Otero Pedrayo Lembranzas de médicos galegos vistos por un profano. Colexio Médico de Ourense. 1975
VOCES LITERARIAS:
O Arquivo Sonoro de Galicia promove gravacións dos nosos
escritores contemporáneos, creando así, propiamente,
patrimonio sonoro.
AUDIO DE MOSTRA
Carlos Casares O polbo xigante. Real Academia Galega. A Coruña, 1999
A LINGUA GALEGA:
Non se pode esquecer o vehículo insubstituíble de
transmisión da nosa identidade que é a lingua. A estreita
colaboración co Instituto da Lingua Galega permitiu a edición
de A Nosa Fala.
AUDIO DE MOSTRA
A nosa fala
Bloque occidental . Camelle, 1994
ACTAS:
Por último, as ponencias dos Encontros O Son da Memoria están
recompiladas nun volume de actas ao dispor público.
RECITAL ANTOLÓXICO DA POESÍA
GALEGA DOS SÉCULOS XII AO XX
En xullo de 1956, Blanco Amor
organizou en Bos Aires este recital no que destacados actores
galego-arxentinos poñen voz a un excepcional percorrido
pola literatura
Case medio centenar de gravacións
de persoas de diferentes áreas lingüísticas,
coa súa correspondente transcrición fonética,
testemuñan neste especial a diversidade do galego oral