|
NORMAS PARA A ADMISIÓN DE ORIXINAIS
1.
A extensión máxima dos traballos presentados non deberá
exceder, no caso das investigacións, de 8 ou 10 páxinas
DIN-A4 numeradas, en Times New Roman, 12 en soporte informático
nunha soa cara a espazo e medio de interliñado, nas que se
incluirán gráficos, cadros, mapas, fotografías
e bibliografía. Xunto á copia en papel en papel entregarase
outra en disquete preferibelmente no programa Microsoft Word.
2. Cada texto debe ir acompañado dunha páxina que
conteña o título do traballo, nome do autor/a ou autores,
enderezo completo -incluíndo o do centro de traballo- teléfono,
un breve currículo e correo electrónico. Acompañarase
tamén dun resumo (Abstract), non superior a 100 palabras,
que reflicta claramente o contido e os resultado do traballo. En
cada caso acompañarase dun máximo de 5 palabras claves
(Key words). Este resumo debe ser enviado en galego e en inglés.
3. Para as referencias bibliográficas os autores poderán
optar pola inclusión en nota dos datos completos da obra,
ou pola mención en texto do apelido do autor, data e páxina,
con remisión a unha bibliografía final das obras citadas.
·
3.1.- Se se opta pola primeira fórmula deberán incluírse
os datos de localización completa de cada publicación
ou documento citado por vez primeira. Exemplos:
APELIDOS, Nome do autor/a (se existise): Título do libro.
Lugar de edición, editorial, ano, pp. ás que se
fai referencia.
APELIDOS, Nome do autor/a (se existise): "Título do
artigo". Título da Revista. Volume, número
(ano), páxinas.
APELIDOS, Nome do autor/a (se existise): "Título do
capítulo". En APELIDOS, Nome do autor/a (se existise):
Titulo do libro. Lugar de edición, editorial, ano, pp.
ás que se fai referencia.
As referencias arquivísticas e de fondos documentais serán
o máis completas posíbel.
As remisións sucesivas a esas mesmas obras faranse de forma
abreviada segundo as normas comúns.
· 3.2.- Para o segundo sistema utilizaranse as parénteses
no texto na seguinte orde: (APELIDO, ano, páxina ou páxinas
das que se trate). Acompañarase, neste caso, dunha lista
bibliográfica final, por orde alfabética. Cando
as obras dun autor/a aparezan no mesmo ano, engadirase á
data unha letra (a, b, c, etc.).
4.
Os orixinais enviados a ESTUDIOS DE COMUNICACIÓN serán
sometidos a revisión, cando menos, de dous avaliadores, seleccionados
polo Equipo Científico en función dos seus coñecementos
sobre a materia de que trata o traballo, garantíndose o anonimato
tanto do autor ou autores como dos avaliadores. A aceptación
definitiva dos materiais depende do Equipo Editorial da revista.
5.
Os artigos serán publicados en galego.
6. Os traballos deberán enviarse a:
Estudios
de Comunicación. Arquivo de Comunicación
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º Andar
15704 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 202
Fax: 981 957 205
Enderezo electrónico: acg@consellodacultura.org
http://www.consellodacultura.org
|
|

Estudios
de Comunicación
Consello editorial
Formulario de intercambio
con outras publicacións
|