T: +34 981 957202
F: +34 981 957205
Correo: acg@consellodacultura.org
 
ción

O proxecto

O Arquivo de Comunicación ten como principal obxectivo o estudo dos fenómenos comunicativos do sistema galego de medios, mediante a recollida sistemática de datos e a súa posterior análise e interpretación.

Naceu no ano 2000 co propósito de estabelecer un censo das publicacións periódicas editadas en Galicia, sobre todo de difusión a pequena escala, e recollelas en formato papel para a creación dunha hemeroteca. Esta concepción inicial foi ampliándose para dar cabida aos medios audiovisuais e ás publicacións periódicas da rede até conformar un panorama completo do sistema de medios en Galicia.

O Arquivo está organizado en tres bases de datos nas que se recollen, respectivamente, as publicacións periódicas impresas, os medios audiovisuais e os medios electrónicos. Na actualidade dispoñen duns 2.150 rexistros, sendo a máis ampla a de prensa en papel, que conta cuns 1.800 rexistros.

Cada un destes rexistros pretende compilar a maior cantidade posíbel de información sobre cada publicación. Son datos pormenorizados, organizados en 76 campos, sobre a súa edición, impresión, temática, obxectivos, lingua, periodicidade, financiamento e outras características físicas e de contido. A diversidade de campos da base de datos permite aos investigadores realizar achegas interdisciplinares nas que se combinan distintos aspectos do hipersector da comunicación.

Metodoloxía de traballo. Etapas:

- Traballo de campo, que consiste na revisión diaria da prensa xeralista e especializada e na navegación pola rede para ter noticia do nacemento de novos medios ou de modificacións nos xa existentes.

- Recollida de material. Para esta función, o Arquivo de Comunicación mantén unha relación fluída coas publicacións rexistradas para ter datos de primeira man e manter actualizada a información. O contacto cos medios faise por medio do e-mail ou do teléfono, que se probaron como os métodos máis efectivos.

O traballo de recollida de información e da súa posterior análise non é unha tarefa pechada. A imposibilidade da súa clausura devén do forte dinamismo do sistema de medios galego, no que se producen continuas transformacións empresariais, tecnolóxicas e profesionais.

Por este motivo, os membros do Arquivo solicitamos a colaboración dos editores e dos usuarios en xeral. Poñemos á súa disposición un formulario en liña no que nos pode indicarnos a existencia de novas publicación ou posíbeis cambios nelas. Unha vez cuberto, deberá enviarnos este documento ao enderezo electrónico acg@consellodacultura.org. O Arquivo de Comunicación porase en contacto co editor para a confirmación de datos.

Formulario (Documento de Word)

 

LIÑAS DE TRABALLO
 

FONDOS
   
Guía de medios audiovisuais de Galicia
(PDF 227 Kb)
 
Catálogo de medios impresos e electrónicos de Galicia (PDF 677 Kb).
Última actualización: setembro 2005

 
Publicacións
 
Comunicacións

Horario de consulta previa petición:
10:00 - 14:00 h.
Teléfono:+34 981 95 72 02
Enderezo electrónico: acg@consellodacultura.org


ESTUDIOS DE COMUNICACIÓN
 
A Sección e o Arquivo de Comunicación editan anualmente a revista Estudios de Comunicación, a primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia

Consúltea

AXENDA
 


[ PRÓXIMAS PUBLICACIÓNS ]

- Estudo sobre a situación profesional dos documentalistas nos medios de comunicación en Galicia

- Estudios de Comunicación Nº 3


MEMBROS
 


Director:
Xosé López García

COMISIÓN TÉCNICA

Francisco Campos Freire
Xaime Fandiño Alonso
Henrique Monteagudo Romero
María do Carme Pérez Pais
María Antonia Pérez Rodríguez
Xosé Ramón Pousa Estévez
Xosé Rúas Araújo
Antonio Sanjuán Pérez
José Luís Vilela Conde

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2º Andar, 15705 Santiago de Compostela, A Coruņa
Telf: +34 981 957202 / Fax: +34 981 957205
Aviso legal