INICIO BOLETÍNS MEDIATECA DIRECTORIO  
 

aemigracion@consellodacultura.org
Tel: +34 981 557351 / Fax: +34 981 582985


  Inicio
--------------

Nós

Obxectivos
Membros
Investigación
Publicacións
--------------
Estudios Migratorios
--------------
Fondos
Bibliográficos
Documentais
Estatísticos
Audiovisuais
Orais
Ligazóns
--------------
Fondos das Sociedades galegas
--------------
Información
Congresos
---------------
Contacto
Consultas
Suxestións
Enderezo

Está en: Fondos > Fondos Estatísticos

Fondos Estatísticos

Para achegarse cuantitativamente aos movementos migratorios, o AEG conta cunha sección propia de fontes estatísticas na que se pretende recompilar as principais series editadas por organismos oficiais.

  • Dentro destes fondos cómpre destacar as fontes directas sobre os movementos migratorios, que comprenden as estatísticas sobre emigración publicadas, como as seguintes:
    - Estadísticas de la Emigración e Inmigración de España, realizadas polo Instituto Geográfico y Estadístico (1882-1911)
    - Boletín del Consejo Superior de la Emigración (1909-1934)
    - Estadísticas de Pasajeros por Mar (1912-1956)
    - Estadísticas de Emigración publicadas polo Ministerio de Traballo (1946-1963)
    - Estadísticas de Emigración Española Asistida (1962-1975)
    - Diferentes memorias e documentación do Instituto Español de Emigración, como os Anuarios de Migraciones, memorias anuais de actividades, Atlas de Emigración, etc.


  • Con respecto á inmigración consérvanse as Estadísticas de Permisos de Trabajo a Extranjeros.


  • Este fondo comprende tamén as diferentes series estatísticas sobre a poboación española e galega e os movementos demográficas.


  • Da etapa pre-estatística existen:
    - Edicións facsimilares das veciñanzas da Coroa de Castela de 1591
    - Censo Ganadero de la Corona de Castilla (1752)
    - Censo de Campoflorido de 1712
    - Censo de Población do Marqués de la Ensenada (1752)
    - Censo de Floridablanca (1787)
    - Censo de Godoy (1797)


  • Da etapa estatística consérvanse:
    - Censo de 1887 e os censos de 1940, 1950, 1960, 1970, 1981 e 1991
    - Tamén poden consultarse, entre outras, as Estadísticas do movemento natural da poboación, desde 1975 até 1995, a Enquisa de Poboación Activa de 1974 a 2003 ou a Enquisa Sociodemográfica de 1991.


  • Igualmente, o AEG ofrece a posibilidade de consultar as serie estatísticas editadas por organismos internacionais como a OCDE, SOPEMI e Eurostat.



 

 

 
  Rúa Galeras, 13 / 15705 Santiago de Compostela / A Coruña
Tel: +34 981 557351 / Fax: +34 981 582985
 

  http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2º andar / 15705 Santiago de Compostela
T: +34 957202 / F: +34 981 957205
Aviso Legal