O Arquivo da Emigración Galega conserva un amplo arquivo fotográfico composto por uns 8.000 documentos gráficos en diferentes soportes que actualmente están en fase de catalogación e dixitalización.
A temática destes fondos é moi variada, aínda que teñen unha maior presenza os aspectos referentes á emigración a América. Existen fondos específicos de persoeiros sobranceiros tanto no ámbito empresarial como cultural da emigración (Suárez Picallo, Elpidio Villaverde ou Tacholas, entre outros); un importante volume de fotografías do asociacionismo galego, de negocios de emigrantes, portos e barcos da emigración, festas, homenaxes, escolas, edificios, etc. Tamén dispoñemos dunha colección de carteis anunciadores e publicidade das compañías navieiras e de consignatarias de buques, postais da emigración, etc.
Recentemente, iniciouse a recuperación de fotografías da emigración galega a Europa, así como de arquivos particulares.
Outra das actividades é a recuperación do cine da emigración, para o que se restauraron, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe, as películas “Galicia y Buenos Aires" e "Nuestras fiestas de allá"
Rúa Galeras, 13 / 15705 Santiago de
Compostela / A Coruña
Tel: +34 981 557351 / Fax: +34 981 582985