|
1. A extensión
máxima dos traballos presentados non deberá
exceder de 25 páxinas DIN-A4 numeradas, mecanografadas
nunha soa cara a dobre espazo, nas que se incluirán
gráficos, cadros, mapas e bibliografía. Xunto
á copia mecanografada en papel entregarase outra en
disquete de 3,5 polgadas, preferibelmente no programa Word.
Os artigos serán publicados en idioma galego, pero
poden presentarse en calquera outro idioma, preferentemente
en castelán ou inglés.
2. Cada
texto debe ir acompañado dunha páxina que conteña
o título do traballo, nome do autor/a ou autores, enderezo
completo -incluíndo o do centro de traballo-, teléfono,
enderezo electrónico e un breve currículo. Acompañarase
tamén dun resumo (abstract), non superior a 100 palabras,
que reflicta claramente o contido e o resultado do traballo,
e dun máximo de 5 palabras clave (key words).
3. Para
as referencias bibliográficas os autores poderán
optar pola inclusión en nota dos datos completos da
obra, ou pola mención en texto do apelido do autor,
data e páxina, con remisión a unha bibliografía
final das obras citadas.
3.1.
Se se opta pola primeira fórmula deberán incluírse
os datos de localización completa de cada publicación
ou documento citado por vez primeira.
Exemplos:
- Apelidos, Nome do autor/a (ano): Título do libro,
lugar de edición, editorial; pp. ás que se
fai referencia.
- Apelidos, Nome do autor/a (ano): "Título do
artigo", Título da Revista, volume, número,
páxinas.
- Apelidos, Nome do autor/a (ano): "Título do
capítulo", en Apelidos, Nome do autor/a, Título
do libro, lugar de edición, editorial; pp. ás
que se fai referencia.
As remisións sucesivas a esas mesmas obras faranse
de forma abreviada segundo as normas comúns.
3.2. Para o segundo sistema utilizaranse as parénteses
no texto na seguinte orde:
(Apelidos, ano, páxina ou páxinas das que
se trate). Acompañarase, neste caso, dunha lista
bibliográfica final, por orde alfabética.
Cando as obras dun autor/a aparezan no mesmo ano, engadirase
á data una letra (a, b, c, etc.).
3.3. As referencias arquivísticas serán o
máis completas posíbel.
4. Os
orixinais enviados a ESTUDIOS MIGRATORIOS serán sometidos
a revisión, cando menos, de dous avaliadores, seleccionados
polo equipo editorial en función dos seus coñecementos
sobre a materia de que trata o traballo, de maneira que se
garanta o anonimato tanto do autor ou autores como dos avaliadores.
A aceptación definitiva dos materiais depende do equipo
editorial da revista.
5. Os
traballos deberanse enviar a:
Estudios Migratorios. Arquivo da Emigración Galega
Consello da Cultura Galega
Apartado de Correos 773
15705 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 202 / 981 557 351
Fax: 981 957 205 / 981 582 985
Enderezo electrónico: aemigracion@consellodacultura.org
http://www.consellodacultura.org/arquivos/aeg/index.php
|