|
O Arquivo da Emigración Galega, para
facilitar a difusión das diferentes investigacións
que se realizan sobre esta materia, ademais da edición da
revista Estudios Migratorios, publica desde 1992 unha serie
de traballos que abordan desde diferentes liñas de investigación
os movementos migratorios en Galicia. Entre estas publicacións
podemos destacar a edición das actas de congresos e dos catálogos
de exposicións organizados polo Arquivo, repertorios bibliográficos
e hemerográficos, así como a edición facsímile
de fontes sobre a emigración.
|