A obra dos principais arquitectos galegos do último século artella a paisaxe da mellor arquitectura contemporánea que nos rodea. Co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor este rico patrimonio, a Sección de Arquitectura do CCG editou unha colección de carteis sobre alguns dos seus creadores máis destacados. Trátase de once posters que ofrecen ao espectador un paseo polas obras máis salientables de cada arquitecto, pola súa traxectoria profesional e polos seus postulados teóricos.

Os carteis recollen a obra de dúas figuras históricas da arquitectura galega: Alejandro de la Sota e Xosé Bar Bóo. Andrés Fernández-Albalat e o equipo de Baltar, Bartolomé e Almuíña serven de ponte coas seguintes xeracións, definidas por creadores como César Portela e Manuel Gallego, ademais de Iago Seara, Alfonso Penela e Alberto Noguerol + Pilar Díez. Por último, as novas xeracións están presentes de man dos equipos Quintáns, Raya e Crespo e Jesús Irisarri + Guadalupe Piñera. En conxunto, once carteis que ofrecen unha ampla panorámica polo mellor da arquitectura feita polos autores galegos.

- Deseño dos carteis: Xosé Díaz (Imago Mundi)
- Retratos extraídos da serie documental A Idea Construída, de Televisión de Galicia e Consello da Cultura Galega.



 
Andalucía
Canarias
Castela - A Mancha, Azores e Madeira
Cataluña
Lisboa
Madrid
País Vasco e Navarra