Arquivo da
Emigración Galega
Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n. CP 15707
Santiago de Compostela
aemigracion@consellodacultura.org
Tel: +34 881 995 143 | +34 881 995 148
Noticia

Montevideo e o Patronato da Cultura Galega acollen a exposición OS ADEUSES, fotografías da epopea migratoria galega, de Alberto Martí

O presidente do Consello da Cutlura Galega, Ramón Villares, inaugurou hoxe no Patronato da Cultura Galega, en Montevideo (Uruguai) a exposición itinerante “OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963)” captadas polo fotoxornalista Alberto Martí. A mostra, promovida e organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), percorreu toda Galicia en 2011. Ramón Villares continúa así o periplo que persoalmente iniciou en Bos Aires o 19 de marzo e que rematará en Sao Paulo o vindeiro día 27.

O que podemos ver na mostra “OS ADEUSES. FOTOGRAFÍAS DE ALBERTO MARTÍ “é indicativo da grande epopea da emigración galega que cubre case dous séculos da nosa historia máis recente, neste caso unha etapa ben concreta da emigración americana, aquela que na década dos cincuenta estaba xa dando os últimos folgos”, en palabras de Ramón Villares, estudioso do fenómeno na súa condición de catedrático de Historia contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. O Presidente do CCG subliña a importancia da relación entre emigración e fotografía, “un valioso acervo documental que merece ser recuperado e no que xa deu e seguirá dando pasos o noso Arquivo da Emigración Galega”.

“Os adeuses”, comisariada por José Caruncho, estrutúrase en tres áreas: A Ida, A volta e O Buque Santa María e ofrece instantáneas da partida de centos de emigrantes galegos desde os portos de Vigo e A Coruña entre 1957 e 1963. Complétase cunha reportaxe sobre a peripecia do buque “Santa María”, que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo, secuestrado polo Directorio Ibérico de Liberación (DRIL) en xaneiro de 1961 e que puido regresar ao porto de Vigo en febreiro dese mesmo ano.

Pilar Cagiao Vila, do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, salienta no catálogo o reflexo, nas fotografías de Alberto Martí, de todas as circunstancias que rodearon a partida dos emigrantes: “desde a chegada ao porto, a terminal de pasaxeiros atestada, ata a espera da partida e a acomodación a bordo, pasando polo mundo dos trámites, os papeis e os funcionarios”.

O comisario da Mostra, José Carcuncho, propúxose, e conseguiu, “contar unha historia do que significou a emigración para miles de galegos, desde a ida ata, en moitos casos, o retorno á casa”. Alberto Martí Villardefrancos (A Coruña, 1922) agradece o traballo de José Caruncho e o activo compromiso do CCG e do CGAI e destaca o interese xornalístico das imaxes. “Non pensei que foran formar parte dunha exposición”, afirma, logo de lembrar que no seu arquivo conta con millóns de negativos.

As 73 fotografías están recollidas nun catálogo de 150 páxinas editado polo Consello da Cultura Galega con textos, en galego, castelán e inglés, de Ramón Villares, Alfonso Cabaleiro, Pilar Cagiao, María Teresa García Domínguez e José Caruncho.
DESTACADOS
Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes
Entre Arxentina e Galicia, máis de 1600 cartas para coñecer as relacións de Seoane cos intelectuais das súas dúas patrias.
publicacions
Galicia en Cuba. Lingua, Rosalía, loitas (2014)
Xosé Neira Vilas /








Ver todas
Últimas NOTICIAS
18/03/2014
O CCG compila tres obras de Xosé Neira Vilas no volume “Galicia en Cuba”
17/03/2014
O CCG presenta “Galicia en Cuba”, un volume que compila tres obras de Neira Vilas
30/01/2014
Villares reinvidica ao Seoane que "conectou as dúas Galicias" na presentación do seu Epistolario dixital
03/04/2014
PROXECTO DE RECUPERACIÓN DOCUMENTAL E FOTOGRÁFICA DA EMIGRACIÓN GALEGA.
Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes.
10/01/2014
O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega dixitaliza a relación de Francisco Fernández Del Riego con América
18/12/2013
18 de decembro, DÍA INTERNACIONAL DO MIGRANTE
16/12/2013
A CASA DA CULTURA DE SAN XIÁN DE SALES ACOLLE A EXPOSICIÓN "LUCES DE ALÉN MAR. AS ESCOLAS DE AMERICANOS EN GALICIA", DENDE O XOVES 12 DE DECEMBRO.
27/11/2013
Inauguración da Exposición Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia, na parroquia de San Martiño de Lanzós, Vilalba
16/07/2013
A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración” percorre Euskadi da man da Irmandade de Centros Galegos
04/07/2013
As Pontes de García Rodríguez acolle a exposición “Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia" desde hoxe ata o 23 de xullo

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205