Arquivo da
Emigración Galega
Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n. CP 15707
Santiago de Compostela
aemigracion@consellodacultura.org
Tel: +34 881 995 143 | +34 881 995 148

ÚLTIMAS NOTICIAS
30/04/2013
A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugurouse o 1 de maio en Arbo
A exposición “NÓS MESMOS. ASOCIACIONISMO GALEGO NA EMIGRACIÓN”, realizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) a través do seu Arquivo da Emigración Galega, pode verse desde o 1 de maio ata o 12 dese mes en Arbo a petición dese concello pontevedrés. No acto inaugural participaron o alcalde de Arbo, Xavier Simón Fernández, e o coordinador do Arquivo da Emigración Galega, do CCG, Marcelino Fernández Santiago.
29/04/2013
Catálogo ampliado e revisado da Exposición "Luces de Alén Mar"
Xa se pode consultar o catálogo desta mostra que dá conta da pegada dos emigrantes galegos no eido educativo en Galicia, dispoñendo dunha selección bibliográfica e de textos ilustrativos reproducidos de diversas fontes.
06/02/2013
Ata o 28 de xuño o MUPEGA acolle a exposición “Luces de Alén Mar. As Escolas de americanos en Galicia”, do Consello da Cultura Galega
A exposición “Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia”, promovida polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración, foi inaugurada o 6 de febreiro ás 20 horas no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), sito na avenida de San Lázaro, 107, en Santiago de Compostela. A mostra, que salienta o instrutivo compromiso solidario dos emigrantes galegos, permanecerá nese espazo ata o vindeiro 28 de xuño. No acto inaugural estarán Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura; Antonio Rodríguez Miranda, Secretario Xeral de Emigración, e Vicente Peña Saavedra, comisario da mostra. Previamente, ás 10 horas, houbo unha visita guiada, na que aos mencionados se uniu Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
18/01/2013
A mostra “Nós mesmos-Asociacionismo galego na emigración”, inaugúrase mañá no Centro Galego de Barcelona
A exposición “NÓS MESMOS. ASOCIACIONISMO GALEGO NA EMIGRACIÓN”, realizada polo Consello da Cultura Galega a través do seu Arquivo da Emigración Galega, poderá verse desde o 19 de xaneiro ata o 20 de febreiro no Centro Galego de Barcelona (Rambla Caputxins, 35-37). A mostra, que xa percorreu diferentes países de Europa e América, será inaugurada o sábado día 19 ás 19´30 horas polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, xunto co titular do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete, e o Delegado Territorial da Generalitat, Salvador Jordá. Asistirán tamén presidentes e directivos de distintas sociedades e entidades relaiconadas coa emigración.
ESTUDOS MIGRATORIOS: revista galega de análise das migracións. Nova Xeira
Revista científica coeditada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
As escolas da emigración
Unha base de datos multimedia e xeográfica para explorar o legado educativo dos emigrantes.
CREACIÓN DA HERMANDAD GALLEGA DE VENEZUELA
Presentamos o primeiro Libro de actas de asembleas xerais, dixitalizado na propia sede social para o Proxecto de recuperación do patrimonio documental galego no Exterior, froito do convenio asinado coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia
EVENTOS ANTERIORES
Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia
Dende o 6 de febreiro ata o 28 de xuño. Exposición
CINE E EMIGRACIÓN
Novembro e Decembro no CGAI

publicacions








Ver todas
publicacions
José Blanco Amor
1914 - 1989. Outro Blanco Amor na Arxentina


Waldo Álvarez Insua
1858 - 1938. A voz de Galiza na Habana


Jesús Canabal Fuentes
0 - 0. O papel de Suevia, o amor por Galiza


Ver todas
REDES SOCIAIS
Fluxos

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205