Set
8
O luns, día 8 ás 11´30 horas terá lugar no salón de actos do Consello da cultura Galega a presentación do Foro de debate “Creación artística e identidades culturais”. Intervirán: Ramón Villares, Presidente do CCG, E María Luís Sobrino, coordinadora do foro. As sesións do foro “Creación artística e identidades culturais” desenvolveranse os días 18 e 19 de setembro no Consello da Cultura Galega.
Set
18
Os días 18 e 19 de setembro, en sesións de mañá e tarde, o Consello da Cultura Galega reunirá o foro de debate “Creación artística e identidades culturais” co obxectivo de estudar a situación da cultura contemporánea desde o punto de vista das artes visuais. Coordinado por María Luísa Sobrino e con Pedro de Llano Neira como secretario, o foro é o cuarto dos seis programados este ano para conmemorar os 25 anos da institución (1983-2008).
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2008.- O director do estudio “Situación do ensino da Lingua e da Literatura Galega na Educación Secundaria Obrigatoria”, Bieito Silva Valdivia, afirma que é necesario “un maior ámbito de normalización do idioma galego porque a lingua non se aprende só na escola”. O informe, resultado dun convenio entre o Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago e o Consello da Cultura Galega (CCG) foi publicado polo CCG e presentado esta mañá coa intervención do Presidente da institución, Ramón Villares; o subdirector do ICE, José Manuel Vez, e o secretario do CCG, Henrique Monteagudo, ademais do coordinador do traballo que dirixiu un equipo integrado por Pilar Buela Piedra, Xaquín Loredo Guitérrez e María Carmen Morán de Castro.
Ó igual que fixemos cos audios que tiñamos gardados no noso arquivo, chega o momento de sacar á luz aqueles libros que, tempo atrás, estiveron publicados na rede; pero deixaron de estalo temporalmente coa aparición dun novo deseño para o portal corporativo: consellodacultura.org. E para que teñan material que ler este verán, o Consello da Cultura Galega pon á súa disposición a seguinte lista de obras, que se poden descargar dende a mediateca para disfrutalas indepedentemente do lugar onde se atopen.
Dende o Consello da Cultura Galega seguimos co labor de poñer á disposición do público todo o material co que contamos. Nesta nova entrega publicamos os audios de varias conferencias que se realizaron nesta institución ó longo do ano 2007 e o que levamos do 2008 dos ciclos “Palestras Maxistrais” e “Os sentidos das Culturas”. Agora, pódese acceder dende a Mediateca deste portal á conferencia de Alberto Ruíz de Samaniego, dentro do ciclo “Os Sentidos das Culturas”, sobre “Sentir doutra maneira. Unha lección Nietzshceana sobre a arte e a cultura”; a conferencia que Darío Villanueva impartiu sobre “A cultura, da galaxia Gutenberg á galaxia Internet”, tamén dentro do mesmo ciclo; a conferencia de José Antonio Gómez Segade, dentro do ciclo “Palestras Maxistrais”, sobre “Quo vadis ius mercatorum? (Especial atención aos camiños da propiedade intelectual)”; e a conferencia de Guillermo Rojo, dentro do mesmo ciclo sobre os seus “Corenta anos de investigación en lingüística”.
FORO DE DEBATE
Creación artística e identidades culturais
18 e 19 de setembro
DOCUMENTOS E INFORMES
Anuario de Estatísticas Culturais
Descargue o libro